miércoles, 19 de junio de 2019

Visita ao CEE SALADINO CORTIZO


          Hoxe tivemos unha xornada de convivencia cos/as alumnos/as do Colexio SALADINO CORTIZO e tivemos a oportunidade de coñecer os talleres de perruquería, de reprografía, de carpintería e de cociña que fan os/as estudantes deste centro.
















 Despois disfrutamos dunha merendola todos/as xuntos/as e estivemos cun antigo compañeiro noso: Iván. 





Ao final, xogamos no salón de actos do colexio. 















    Moitísimas grazas ao mestre Ramón, a nai de Anxo, Marta, e  a tódolos/as profes que nos acolleron con tanto cariño e nos permitiron vivir esta experiencia.

As nosas propostas de mellora para o colexio


!OS NOSOS PARTIDOS!

 O martes presentamos na clase os nosos partidos políticos e as propostas de mellora para a nosa escola. 
Ata exercimos o dereito ao voto!

Os candidatos: 

ARRIBA LIBROS

PARTIDO SOCIALISTA INFANTIL GALEGO

DEREITO ACTIVO

P.S.E.I.C

POR UNHA ESCOLA MELLOR








NORABOA!!!!

sábado, 18 de mayo de 2019

Día das Letras Galegas

       
     O xoves 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no colexio. Temos que darlle as grazas ao mestre Ismael polo seu gran traballo e tamén darlle a noraboa a tódolos/as alumnos/as de 5º que o fixeron moi ben.
Ao final, as mestras, Ramona e Marina, entregaron o Premio do Vermiño a Sabela.  Aquí os deixamos o seu poema para que o leades. 

Disfrutádeo e noraboa de novo Sabela polo teu premio!! 






Nin azul, nin rosa

Non teño liberdades
que me vai pasar,
quero os meus dereitos
vounos reclamar.


Quero que as mulleres
poidamos marcar
carreiros e camiños
nos que camiñar.


As cores xa son libres
nin azuis nin rosas,
somos o que queremos. 
Menos, temerosas.


Os homes e as mulleres
valemos por igual.
Valentes, loitadoras
non nos van frear.


                      Autora: Sabela 


Excursión á CORUÑA


   O 3 de maio, os/as alumnos/as de 5º de primaria fomos de excursión A Coruña para visitar  a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium. Pasámolo moi ben e temos que darlle as grazas ao profe Pablo por acompañarnos.

Aquí os deixamos unhas fotos da nosa viaxe!!