martes, 19 de marzo de 2019

Visita do pai de Martín

     
    "A realidade no centro"

      O venres o pai de Martín acudiu ao colexio para explicarnos o que fai no seu traballo como soldador. Incluso deixounos probar a máquina coa que traballa!
 Tivemos unha xornada moi divertida e dende aquí darlle as grazas ao pai de Martín pola súa colaboración co centro.




















"Moitas grazas"


Entroido 2019


     O 1 de marzo celebramos o ENTROIDO no colexio. 
    Este ano fomos disfrazados de buzo xa que está relacionado co noso proxecto do centro: "Terra e Mar, proxecto de vida"
     O xoves celebramos na aula unha rica merendola de entroido chea de orellas, dulces, filloas... 
Moitas grazas ás familias e, especialmente, ás avoas que nos fixeron unhas orellas deliciosas.




















Viva o Entroido!