"O RAP do ILLAS CÍES"
martes, 28 de mayo de 2019
sábado, 18 de mayo de 2019
Día das Letras Galegas
O xoves 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no colexio. Temos que darlle as grazas ao mestre Ismael polo seu gran traballo e tamén darlle a noraboa a tódolos/as alumnos/as de 5º que o fixeron moi ben.
Ao final, as mestras, Ramona e Marina, entregaron o Premio do Vermiño a Sabela. Aquí os deixamos o seu poema para que o leades.
Disfrutádeo e noraboa de novo Sabela polo teu premio!!
Nin azul, nin rosa
Non teño liberdades
que me vai pasar,
quero os meus dereitos
vounos reclamar.
Quero que as mulleres
poidamos marcar
carreiros e camiños
nos que camiñar.
As cores xa son libres
nin azuis nin rosas,
somos o que queremos.
Menos, temerosas.
Os homes e as mulleres
valemos por igual.
Valentes,
loitadoras
non
nos van frear.
Autora: Sabela
Excursión á CORUÑA
O 3 de maio, os/as alumnos/as de 5º de primaria fomos de excursión A Coruña para visitar a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium. Pasámolo moi ben e temos que darlle as grazas ao profe Pablo por acompañarnos.
Aquí os deixamos unhas fotos da nosa viaxe!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)