Hoxe tivemos unha xornada de convivencia cos/as alumnos/as do Colexio SALADINO CORTIZO e tivemos a oportunidade de coñecer os talleres de perruquería, de reprografía, de carpintería e de cociña que fan os/as estudantes deste centro.
Despois disfrutamos dunha merendola todos/as xuntos/as e estivemos cun antigo compañeiro noso: Iván.
Ao final, xogamos no salón de actos do colexio.
Moitísimas grazas ao mestre Ramón, a nai de Anxo, Marta, e a tódolos/as profes que nos acolleron con tanto cariño e nos permitiron vivir esta experiencia.