sábado, 18 de mayo de 2019

Día das Letras Galegas

       
     O xoves 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no colexio. Temos que darlle as grazas ao mestre Ismael polo seu gran traballo e tamén darlle a noraboa a tódolos/as alumnos/as de 5º que o fixeron moi ben.
Ao final, as mestras, Ramona e Marina, entregaron o Premio do Vermiño a Sabela.  Aquí os deixamos o seu poema para que o leades. 

Disfrutádeo e noraboa de novo Sabela polo teu premio!! 






Nin azul, nin rosa

Non teño liberdades
que me vai pasar,
quero os meus dereitos
vounos reclamar.


Quero que as mulleres
poidamos marcar
carreiros e camiños
nos que camiñar.


As cores xa son libres
nin azuis nin rosas,
somos o que queremos. 
Menos, temerosas.


Os homes e as mulleres
valemos por igual.
Valentes, loitadoras
non nos van frear.


                      Autora: Sabela 


Excursión á CORUÑA


   O 3 de maio, os/as alumnos/as de 5º de primaria fomos de excursión A Coruña para visitar  a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium. Pasámolo moi ben e temos que darlle as grazas ao profe Pablo por acompañarnos.

Aquí os deixamos unhas fotos da nosa viaxe!!













domingo, 28 de abril de 2019

Visita ao Porto de Vigo


O 4 de abril, visitamos o Porto de Vigo co obxectivo de coñecer a nosa cidade máis de preto







Visitamos APAMP


           Os/as alumnos/as visitamos APAMP, unha asociación de familias de persoas con parálisis cerebral, o 3 de abril no centro de Navia. Estivemos toda a xornada lectiva coñecendo esta asociación e participamos con eles na creación dunha gran tea de araña que despois van a expoñer o 6 de xuño no PASEO DE ALFONSO. A finalidade do proxecto é ir tecendo relacións, aprendizaxes e colaboracións, avanzando en cada nó ata haber construido unha obra común. 
Tamén, ensináronnos o libro que editaron e que despois limos na clase: Elisa no mundo das marabillas

















Moitas grazas ás persoas da asociación por ensinarnos tanto!




martes, 19 de marzo de 2019

Visita do pai de Martín

     
    "A realidade no centro"

      O venres o pai de Martín acudiu ao colexio para explicarnos o que fai no seu traballo como soldador. Incluso deixounos probar a máquina coa que traballa!
 Tivemos unha xornada moi divertida e dende aquí darlle as grazas ao pai de Martín pola súa colaboración co centro.




















"Moitas grazas"